Tres dos proxectos aprobados foron presentados por concellos e un por unha entidade privada. Executaranse ao longo de 2019 e 2020
A Asociación de Desarrollo Local Deloa celebrou na sede dá Asociación AMBAR en Riveira, unha reunión da súa Xunta Directiva, na que estiveron presentes, a Presidenta da Asociación Deloa, os alcaldes de Padrón, Riveira, Rois, Outes, Noia e A Pobra, unha representante do Concello de Porto do Son e representantes da Asociación Misela, a Asociación de Amas de Casa de Riveira, o Club Náutico Deportivo de Riveira, a Asociación de Empresarios de Riveira, a Asociación Rianxeira de Empresarios, a Asociación Amicos, a Asociación da Industria da primeira Transformación da Madeira, e da Asociación Xuvenil Integrados.
Os asistentes á Xunta Directiva, aprobaron a proposta de resolución dos proxectos non produtivos presentados ao Leader en la convocatoria de 2019. Dos dez proxectos presentados, aprobáronse, por concurrencia competitiva, un total de catro proxectos. Tres deles promovidos por entidades públicas e un promovido por unha entidade privada.
Entre os proxectos aprobados figura a réplica en madeira dos instrumentos do pórtico da igrexia de San Martiño de Noia, a posta en marcha dun sendeiro desde a ponte de San Francisco ás Carabeiras, en Lousame, a escavación e posta en valor da muralla do recinto superior do Castro Cidá, en Riveira e a creación dunha aula da natureza e dun centro de interpretación, en Baroña, Porto do Son. Promovido, este último, pola comunidade de montes de Baroña.
O investimento total dos proxectos aprobados ascende a 456.690,90 euros. O importe da axuda pública é de 168.177,28 euros. O que supoñe que se comprometan a totalidade de fondos públicos dos que dispón o grupo de desenvolvemento rural Deloa, na presente convocatoria de proxectos, para proxectos non produtivos.
Informouse ademais, do inicio do curso de formación en industrias musicais que tivo lugar onte en Noia. Esta formación está enmarcada dentro do convenio asinado entre a Asociación de Desarrollo Local Deloa e a Escuela de Organización Industrial (EOI). Unha parte crave desta formación, é a realización dunha estancia práctico formativa en Bilbao, que permitirá coñecer o estudio dun caso de éxito no sector da industria musical, como é o modelo da promotora e axencia musical Last Tour, a través de sesións impartidas por profesionais da entidade e unha visita ao Festival Bilbao BBK Live.
Ao finalizar a reunión visitáronse dous proxectos de carácter non produtivo subvencionados a través do programa Leader no período 2007-2013. O Miradoiro da Pedra da Rá e o Castro da Cidade, ambos subvencionados por Deloa e promovidos polo Concello de Riveira.