Os proxectos presentados hasta o 31 de marzo de 2019 poderán optar aos fondos desta convocatoria.
A Asociación de Desarrollo Local Deloa celebrou este xoves unha reunión da súa Xunta Directiva, na que estiveron presentes, a Presidenta de Deloa, Sandra Ortega Mera, o vicepresidente da Fundación Paideia, a alcaldesa de Outes, os alcaldes de Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois e Pobra do Caramiñal, así como un representante do concello de Lousame. E representantes da Asociación de empresarios de Riveira, a Asociación Rianxeira de empresarios, Asociación da Industria da 1ª transformación da madeira, a Asociación Misela, a Asociación AMICOS, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira e a Asociación Juvenil Integrados.
Entre outros, informouse sobre o presuposto da Asociación Deloa para a convocatoria 2019-2020, que ascende a 602.952,95 euros, dos que 434.775,67 euros destinaranse a subvencionar proxectos produtivos e 168.177,28 euros a subvencionar proxectos non produtivos. Desta maneira, a institución poderá continuar co seu apoio a diferentes proxectos que se promovan no ámbito rural das comarcas del Barbanza, Sar, Noia e concello de Muros. Coa excepción dos núcleos urbanos de Ribeira, Noia e Boiro.
Desde o ano 2017, Deloa subvencionou a posta en marcha de dezanove proxectos, sendo o importe das axudas concedidas de 1.437.808,72 euros, ascendendo a inversión total no territorio a máis de 3.000.000 de euros. O emprego xerado e consolidado ascende a 59 postos de traballo.
Os proxectos presentados hasta o 31 de marzo de 2019, poderán optar, a través de concorrencia competitiva, aos fondos da medida Leader da actual convocatoria. Os interesados poden solicitar información na sede da Asociación de Desarrollo Local Deloa e na súa páxina web https://www.deloa.es/