Estratexia Territorial 2023–2027
Enfoque: Apoiar o territorio como motor de transformación cara á sustentabilidade
A Estratexia Territorial 2023–2027 ten como aspiración que o Programa LEADER funcione neste novo período como ferramenta de apoio ao potencial de transformación que teñen os emprendementos e negocios locais, co fin de avanzar cara a un territorio:
1. Máis próspero
- Diversificando sectores desde claves sostibles, rexenerativas e circulares, apostando por propostas piloto no ámbito económico que contribúan a unha economía local en harmonía co medio natural e cos retos sociais actuais.
2. Máis forte
- Recoñecendo como fortaleza principal a comunidade local e a súa identidade, e promovendo procesos de innovación social, cocreación e traballo en rede.
A estratexia aposta por emprendementos e negocios con impacto real e positivo, que respecten a diversidade e integren o interese común co privado.
3. Máis conectado
Aproveitando as ferramentas da dixitalización e, ao mesmo tempo, fortalecendo as conexións vivas entre as persoas, a veciñanza e os diferentes actores do territorio.
O obxectivo é consolidar unha cultura colaborativa, tanto no ámbito social como económico.
4. Máis resiliente
- Avanzando cara a modelos de negocio máis ecolóxicos e sostibles, e reparando o tecido social para impulsar iniciativas que non só dean resposta aos retos actuais, senón que se anticipen aos desafíos futuros.