Castellano
O LEADER continúa sendo o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, executado baixo a metodoloxía europea LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural).
Esta metodoloxía, impulsada pola Unión Europea desde 1991, busca fomentar o desenvolvemento local participativo nas zonas rurais, de xeito que o territorio deixe de ser un mero destinatario de políticas e pase a ser protagonista do seu propio desenvolvemento.
O método LEADER baséase na participación das comunidades locais, que deciden e xestionan as súas propias estratexias de desenvolvemento.
Susténtase en sete principios fundamentais:
Enfoque ascendente (participación cidadá): a toma de decisións parte da iniciativa das comunidades locais.
Enfoque territorial: cada estratexia adáptase ás características, recursos e necesidades propias de cada zona.
Partenariado local (colaboración público-privada): cooperación entre entidades públicas, privadas e sociais.
Integración multisectorial: participación equilibrada de todos os sectores económicos e sociais do territorio.
Traballo en rede e intercambio de experiencias: reforzo das sinerxías entre grupos de desenvolvemento rural.
Innovación e cooperación interterritorial: fomento de proxectos conxuntos e boas prácticas entre territorios.
Sostibilidade económica, social e ambiental: impulso dun desenvolvemento rural equilibrado e respectuoso co medio
Resolución do 16 de abril de 2025 (DOG nº 83, do 30 de abril de 2025)
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Código de procedemento: MR701L
RESOLUCIÓN de concesión e denegación de axuda
de proxectos ao abeiro da intervención Leader 2023-2027 (axudas para
a execución de operacións en apoio de terceiras persoas), convocatoria 2025
Publicar o acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas, que se tramiten ao abeiro da Intervención LEADER, cofinanciadas co Feader no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023–2027 (PEPAC), e se convoca o correspondente proceso para o ano 2025.
Entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
Produtivos: creación, modernización ou ampliación de empresas no medio rural.
Non produtivos: servizos ou infraestruturas de interese colectivo, promovidos por entidades locais ou sen ánimo de lucro.










Acordo de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a coordinación de actuacións públicas con incidencia no sector turístico promovidas no territorio de Galicia no marco do PEPAC 2023–2027.
📄 Documentación: CONVENIO_AGADER_TURISMO
📄 Modelo de ficha de proxectos: FICHA_RESUMO_PROXECTOS_TURISMO
Proposta de resolución sobre a aprobación dos criterios de selección e priorización de proxectos, así como as limitacións sectoriais, da Estratexia de Desenvolvemento Local do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR 18 – Asociación Deloa.