Galego

Castellano

Proxecto LEADER

Centro de Hidroterapia Spasinho

Descrición do proxecto

O proxecto consiste na rehabilitación dunha vivenda tradicional e dos seus anexos para a posta en marcha dun centro de hidroterapia denominado Spasinho, situado no lugar de Albeida, parroquia de San Cosme, no Concello de Outes.

Esta iniciativa, promovida por Do Artesanato, C.A.C. S.L., ten como obxectivo mellorar a calidade das instalacións e diversificar os servizos do establecemento de aloxamento Cabanas de Albeida, que conta cun total de 170 prazas.

A posta en marcha deste servizo de hidroterapia ofrecerá aos visitantes unha opción complementaria de benestar e relaxación, contribuíndo á satisfacción e fidelización dos clientes. Ademais, pretende diferenciar o establecemento pola súa calidade e variedade de servizos, incrementando a ocupación e o ingreso medio mediante promocións e paquetes especiais que inclúan este novo servizo.

O proxecto tamén reforza o posicionamento de Cabanas de Albeida no mercado turístico, consolidando a súa imaxe como destino de calidade e potenciando o turismo de saúde e natureza na comarca.

Impacto LEADER

“Cando presentamos o proxecto non estabamos totalmente seguros de poder levalo a cabo, era un momento complicado, post pandemia, un negocio completamente novo na contorna, no que non tiñamos ningunha experiencia. Recibir a axuda fíxonos realmente tomar a decisión definitiva de seguir adiante co proxecto e aportounos o respaldo necesario para levalo a cabo.”

Promotor

  • Do Artesanato, C.A.C. S.L.

Emprazamento

  • Lugar de Albeida, Parroquia de San Cosme, Concello de Outes

Investimento

  • 658.157,00 €

Axuda LEADER

  • 189.599,00 €

Consolidación de emprego (UTA)

  • 18,72

Creación de emprego (UTA)

  • 6

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento