Galego

Castellano

Proxecto LEADER

Centro de Maiores Terramar

Descrición do proxecto

O Centro de Maiores Terramar, S.L. puxo en marcha este proxecto co obxectivo de dar resposta á crecente demanda de atención residencial no Concello de Outes, mediante a construción dunha mini residencia con capacidade para 36 usuarios.

Ata o momento, a zona carecía dun servizo especializado deste tipo, o que facía imprescindible crear un centro adaptado ás necesidades das persoas maiores e das familias que precisan apoio no coidado diario.

O novo centro ofrece un servizo profesional, humano e próximo, que mellora de forma significativa a calidade de vida e o benestar emocional dos seus usuarios. Proporciona atención personalizada, fomenta a convivencia, a participación en actividades e a socialización, evitando o illamento das persoas maiores.

Ademais, a súa localización en Entíns permite facilitar o acceso aos residentes da contorna, evitando longos desprazamentos a outras localidades e ofrecendo un recurso esencial para o equilibrio social e familiar da comarca.

Impacto LEADER

“Foi un gran apoio despois de tanto esforzo e dedicación ó proxecto.”

Promotor

  • Centro de Maiores Terramar, S.L.

Emprazamento

  • Lugar de Entíns, Parroquia de Santa María, Concello de Outes

Investimento

  • 290.000,00 €

Axuda LEADER

  • 109.968,81 €

Consolidación de emprego (UTA)

  • 0

Creación de emprego (UTA)

  • 5

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento