Galego

Castellano

Proxecto LEADER

Equipamento do Club de Xubilados de Porto do Son

Descrición do proxecto

O proxecto, promovido polo Concello de Porto do Son, tivo como obxectivo dotar de equipamento e mobiliario ao novo edificio do Club de Xubilados de Porto do Son, creando un espazo moderno, accesible e adaptado ás necesidades das persoas maiores do municipio.

A iniciativa busca fomentar o benestar, a participación activa e o envellecemento saudable, ofrecendo un lugar de encontro e convivencia onde os socios poidan desenvolver actividades sociais, culturais e formativas.

O espazo está distribuído en diversas áreas funcionais:

  • Dous despachos, destinados á xestión administrativa, atención ao público e reunións da directiva.

  • Aula de actividades, un espazo versátil para obradoiros, formacións e actividades de estimulación cognitiva e creativa.

  • Zona de encontro, deseñada para o esparexemento, a conversa e a socialización dos socios.

  • Cociña, equipada para ofrecer servizos de apoio e pequenas degustacións, facilitando a realización de eventos gastronómicos e actividades grupais.

Este proxecto converte o Club de Xubilados nun referente social e comunitario, promovendo a participación das persoas maiores e contribuíndo á cohesión interxeracional e ao dinamismo local.

Impacto LEADER

“Contar con esta subvención da Asociación de Desenvolvemento Local Deloa foi fundamental para equipar o que hoxe é o novo edificio do Club de Xubilados e o Club Náutico de Porto do Son.

Esta axuda contribuíu a que este espazo sexa xa unha realidade e un fogar onde os nosos maiores do mundo do mar poden desfrutar de actividades, compartir historias e convivir en harmonía nun lugar privilexiado na fachada marítima de Porto do Son. Ademais, o Club Náutico renovado conta cunha gran oferta de cursos náutico-pesqueiros, permitindo ofrecer máis e mellores servizos tanto no ámbito deportivo como pesqueiro.”

Promotor

  • Concello de Porto do Son

Emprazamento

  • Paseo Marítimo de Porto do Son

Investimento

  • 35.087,57 €

Axuda LEADER

  • 24.912,15 €

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento