Galego

Castellano

Proxecto LEADER

Innovación tecnolóxica e dixitalización da produción – Alecar Ventanas

Descrición do proxecto

O proxecto, promovido por Alecar Ventanas, S.L., ten como finalidade a modernización e dixitalización da súa liña de produción, mediante a adquisición de equipamento dotado coa última tecnoloxía aplicada ao sector das construcións metálicas en aluminio e PVC.

Grazas a este investimento, a empresa mellora a súa capacidade produtiva e eficiencia, reducindo custos, minimizando erros humanos e incrementando a calidade dos seus produtos. Esta renovación tecnolóxica permite fabricar unha maior variedade de estruturas metálicas, como xanelas, portas abatibles e correderas, barandas, fachadas lixeiras, lucernarios, contras mallorquinas e portais soldados.

A incorporación da nova maquinaria supón un incremento superior ao 25 % na capacidade produtiva, reducindo os tempos de fabricación e mellorando a resposta fronte á demanda do mercado. Ademais, os novos procesos están baseados en equipos enerxeticamente eficientes e en sistemas que aproveitan enerxías limpas, reducindo o consumo e o impacto ambiental.

Este proxecto representa un salto cualitativo e cuantitativo para Alecar Ventanas, consolidando a súa posición como empresa referente na zona e impulsando un modelo produtivo máis sostible, competitivo e innovador.

Impacto LEADER

“LEADER significou para nós aumentar a eficiencia e a produtividade á vez que reducimos costes e erros humanos.”

Promotor

  • Alecar Ventanas, S.L.

Emprazamento

  • Lugar San Xoán de Roo, Concello de Outes

Investimento

  • 545.750,00 €

Axuda LEADER

  • 96.465,91 €

Consolidación de emprego (UTA)

  • 5

Creación de emprego (UTA)

  • 0

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento