Castellano
O proxecto, promovido por Destino Finisterre, S.L.U., tivo como obxectivo a creación dun espazo de descanso e pernoita especializado no turismo camper, pensado para autocaravanas, caravanas e vehículos vivenda. Portosín Camper Park é o primeiro espazo deste tipo na zona, converténdose nun referente para o turismo itinerante e sostible na comarca.
Deseñado baixo criterios de sostibilidade e respecto ambiental, o proxecto incorpora medidas que reducen o impacto ecolóxico e fomentan o consumo responsable:
Enerxía limpa: instalación de placas fotovoltaicas que dotan ao espazo de gran autosuficiencia enerxética.
Aforro de auga: todos os grifos contan con temporizadores para un uso eficiente dos recursos.
Integración paisaxística: os módulos de servizo están revestidos en madeira, garantindo harmonía coa contorna natural.
Ademais dos servizos básicos de aparcamento e descanso, o complexo ofrece instalacións complementarias como lavandería e cantina exclusiva para os aloxados, mellorando o confort dos viaxeiros e completando a experiencia turística.
Este proxecto dá resposta á crecente demanda de espazos regulados para o turismo de autocaravanas, contribuíndo á ordenación, profesionalización e diversificación da oferta turística de Porto do Son, cun impacto positivo tanto para os visitantes como para a comunidade local.
“A axuda de Deloa foi esencial para levar a cabo o meu proxecto cos parámetros de calidade que eu consideraba necesarios, aportándome unha tranquilidade que é moi importante para o emprendemento.”