Galego

Castellano

Proxecto LEADER

Posta en valor de antiga pía e lavadoiro

Descrición do proxecto

O proxecto, promovido pola Asociación de veciñ@s da aldea de Casas do Porto, consistiu na recuperación e posta en valor dunha zona singular desta aldea situada en San Mamede, no Concello de Rois.

A actuación centrouse na mellora das condicións de uso, equipamento e integración paisaxística dun espazo tradicional que acolle unha antiga pía e un lavadoiro, elementos patrimoniais de gran valor histórico e social.

A intervención permitiu crear un espazo de encontro, descanso e convivencia, tanto para os veciños como para os sendeiristas e ciclistas que percorren o antigo Camiño Real, ruta que atravesa a aldea de Norte a Sur e que forma parte da rede de sendeirismo e dos itinerarios ciclistas da contorna.

O proxecto incluíu a creación dunha zona de sombra natural, a instalación de bancos de pedra e a recuperación da pía e do lavadoiro como elementos identitarios da vida rural. Esta actuación contribúe a poñer en valor o patrimonio cultural e natural, reforzando o atractivo turístico e a cohesión social da comunidade local.

Impacto LEADER

“Esta liña de axudas para proxectos non productivos son boas, aínda que para nós non foi o suficiente tendo en conta que a axuda LEADER non se correspondeu ca porcentaxe da axuda aprobada en relación ca puntuación do proxecto presentado. Con elas pódese recuperar o patrimonio das aldeas xunto co acondicionamento da contorna, coa finalidade de poñer en valor o rural e fixar poboación.”

Promotor

  • Asociación de veciñ@s da aldea de Casas do Porto

Emprazamento

  • Lugar Casas do Porto, San Mamede, Concello de Rois

Investimento

  • 45.006,19 €

Axuda LEADER

  • 5.842,43 €

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento