Galego

Castellano

Proxecto LEADER

Restaurante O Secadeiro

Descrición do proxecto

O proxecto, promovido por A Casa da Capela, S.L., consistiu na rehabilitación dunha casa familiar tradicional na aldea de Banzas (Outes) para a posta en marcha do restaurante “O Secadeiro”, o primeiro e único establecemento gastronómico da zona.

A edificación, de alto valor arquitectónico, foi restaurada mantendo a súa esencia e empregando materiais ecolóxicos e sostibles. O espazo distribúese en dous alpendres de pedra:

  • a parte central, onde se atopa o comedor,

  • e a antiga corte das vacas, que agora alberga a cociña.

O proxecto busca ter un impacto positivo na comunidade local a través de dous eixes fundamentais:

  1. Desenvolvemento económico e turístico — fomentando a colaboración con establecementos de turismo rural, empresas de turismo activo e produtores locais, traballando con produtos quilómetro cero (km0) e recuperando ingredientes autóctonos como o lentellón de Banzas.

  2. Sostibilidade e respecto polo patrimonio natural — cun modelo constructivo responsable e un funcionamento baseado na reutilización, reciclaxe, redución de residuos e uso de enerxías renovables.

“O Secadeiro” combina gastronomía, cultura e sustentabilidade, converténdose nun referente rural que dinamiza a economía local, impulsa o turismo sostible e contribúe á preservación do patrimonio e á economía circular.

Impacto LEADER

“Contar co apoio das axudas LEADER e DELOA foi moi importante para o restaurante O Secadeiro, permitíndonos consolidar a nosa proposta gastronómica sostible e convertirnos nun referente no medio rural galego.

Esta axuda permitiunos rehabilitar o espazo e establecer unha infraestrutura que integra horta e invernadoiro propios, o que nos facilita traballar con produtos km0. Esta aposta pola sustentabilidade foi recoñecida cunha Estrela Verde Michelin en 2024, destacando o noso compromiso coa cociña sostible e coa recuperación de produtos autóctonos como o lentellón de Banzas.

Grazas a LEADER, O Secadeiro estableceuse como un negocio rendible que dinamiza a economía local e fortalece a alianza entre a hostalaría e o sector primario. O noso éxito demostra que o medio rural ofrece oportunidades emprendedoras viables e sostibles, respaldadas por políticas públicas como os fondos LEADER e DELOA.”

Promotor

  • A Casa da Capela, S.L.

Emprazamento

  • Lugar de Banzas, Concello de Outes

Investimento

  • 97.647,96 €

Axuda LEADER

  • 47.847,50 €

Consolidación de emprego (UTA)

  • 0

Creación de emprego (UTA)

  • 2

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento