Galego

Castellano

Proxecto LEADER

Servizo de transporte Integrados

Descrición do proxecto

O proxecto, promovido pola Asociación Integrados, nace coa finalidade de mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade intelectual, autismo e mobilidade reducida residentes nas zonas rurais das comarcas do Barbanza e Noia, garantindo o seu acceso aos servizos de rehabilitación, formación e integración que ofrece a entidade.

A dispersión poboacional, as longas distancias e a ausencia dun transporte público adaptado dificultaban que moitas destas persoas puidesen acudir aos centros de atención de maneira regular. Para dar resposta a esta necesidade, o proxecto incluíu a adquisición dun vehículo adaptado, que permite realizar desprazamentos seguros, cómodos e sostibles, facilitando a asistencia a terapias, talleres e programas de inclusión laboral.

Esta iniciativa supón un avance esencial na inclusión social e na igualdade de oportunidades, reducindo as desigualdades derivadas da ubicación xeográfica e promovendo a autonomía e participación activa na comunidade. Ademais, o proxecto contribúe á conciliación familiar e incorpora unha perspectiva ecolóxica ao fomentar unha mobilidade eficiente e sustentable, comprometida coa redución da pegada de carbono.

En conxunto, o servizo de transporte adaptado de Integrados representa un apoio fundamental para a inclusión e a cohesión social, reforzando o compromiso da entidade cun modelo de sociedade máis xusta, solidaria e accesible para todas as persoas.

Impacto LEADER

“Poder contar co apoio de Deloa e das axudas LEADER, para nós, supuxo un pulo en tempo e recursos á hora de desenvolver unha rede de transporte asistencial adaptado e sustentable que permite ás persoas con discapacidade intelectual, autismo e/ou mobilidade reducida das zonas rurais do Barbanza e Noia poder acudir e recibir os servizos de rehabilitación, formación e integración que oferta a nosa entidade e ás que por falta de transporte non podían asistir.”

Promotor

  • Asociación Integrados

Emprazamento

  • Lugar de Oleiros, Concello de Ribeira

Investimento

  • 23.914,47 €

Axuda LEADER

  • 10.338,58 €

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento