Castellano
O proxecto, promovido pola Asociación de discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR), ten como obxectivo mellorar a mobilidade e a calidade de vida das persoas con discapacidade no Concello de Outes mediante a adquisición dunha furgoneta adaptada de nove prazas.
Grazas a este investimento, púxose en marcha un servizo de transporte adaptado e gratuíto, destinado tanto aos usuarios do Centro de Recursos de Valadares (Centro Ocupacional e de Día) como a outras persoas con discapacidade do municipio.
O servizo facilita o traslado desde os domicilios ata o centro, así como o desprazamento para xestións esenciais (citas médicas, trámites administrativos ou actividades de lecer). O acceso é libre de custo e só require unha cita previa para garantir unha coordinación axeitada.
Esta iniciativa supón un avance importante na inclusión social e na autonomía persoal, asegurando o dereito á mobilidade e o acceso equitativo a recursos e oportunidades para as persoas con discapacidade da zona.
“Gracias a esta furgoneta subvencionada por AGADER as persoas con discapacidade de varias aldeas do concello de Mazaricos poden acceder ós diferentes servizos que ofrece o Centro de Recursos de Valadares (talleres, formación, rehabilitación, ocio e tempo libre, deportes, etc.), pois o transporte non pode ser nunca un punto restrictivo para que as persoas con discapacidade poidan acceder ós diferentes servizos que ofrece a comunidade e as entidades de acción social.”