O próximo 10 de xullo de 2018, no lugar da Escravitude (Padrón), dará comezo á 7ª e última edición dos talleres socio-ocupacionais: dirixido a mozos e mozas de Galicia, de entre 16 e 29 anos, que se atopen en situación de desemprego. É unha iniciativa de emprego xuvenil, de carácter gratuíto: está co financiado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, Asociación Deloa e Fundación Paideia. Iniciativa de emprego xuvenil. Así mesmo, conta con bolsas de transporte. O sector audiovisual actúa como fío condutor para axudar a desenvolver e mellorar competencias, para unha inserción laboral posterior; de aí o seu título: “Taller de Son Imaxe e Comunicación”. Consta de 100 horas de formación grupal e titorías individuais complementarias, remando as sesións o 13 de setembro de 2018.
Proceso de selección aberto. Próximos seminarios informativos os días 14, 20, 27 de xuño e 4 de xullo de 2018. Para máis información contactar en https://www.paideia.es/taller-sic/ ou (+34) 981 817 000