Galego

Castellano

convocatoria de Axudas para o 2026

Resolución do 30 de decembro de 2025

Quen pode solicitar a axuda?

O DOG publica este luns 2 de febreiro de 2026 a Resolución do 30 de decembro de 2025, pola que se fai público o Acordo do Consello de Dirección do 17 de decembro de 2025, mediante o cal se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

Así mesmo, a resolución anuncia a convocatoria das axudas para o ano 2026, correspondente ao código de procedemento MR701L.
No marco da convocatoria de axudas da Intervención Leader 2026, xestionada polo GDR 18 – Asociación Deloa, apoiamos iniciativas que impulsen o desenvolvemento económico, social e ambiental no noso territorio.

As persoas e entidades interesadas poden consultar o texto completo da resolución e as bases reguladoras no enlace do DOG.

Poderán solicitar estas axudas, sempre que desenvolvan o seu proxecto no ámbito territorial do GDR 18 – Asociación Deloa e cumpran o establecido nas bases reguladoras:

  • As entidades públicas de carácter local ou comarcal.
  • Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado (incluído ás CMVMC)

As axudas concederanse en réxime de subvención a fondo perdido, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).

Prazo de solicitude: 2 meses

Data límite: ata o 6 de abril de 2026

Para máis información contacta en +34 649 81 59 64 ou en www.deloa.es

2 de febrero de 2026

Comparte nas redes:

Outras novas

Voces que transforman o rural

A través da información e das experiencias compartidas, coñeceremos as oportunidades e retos que estas axudas presentan para a dinamización do rural.

Nova convocatoria de axudas LEADER para o ano 2025

Se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR701L).

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento