Foto: Visita ao festival Vive Nigrán, alumnos formación en xestión e producción de festivais musicais
A Escuela de Organización Industrial, a Fundación Paideia e a Asociación Deloa comenzan unha acción formativa para promover a adquisición de competencias para o emprego a través da industria musical, que inclúe unha estancia práctico formativa en Bilbao, e que permitirá coñecer o modelo Last Tour, como caso de éxito no sector.
Aprender e formar pode ser divertido. Desa premisa parte a formación en Industrias Musicais que promove a Fundación Paideia e a Asociación de Desarrollo Local Deloa, coa Escuela de Organización Industrial (EOI) e o Fondo Social Europeo. Nesta acción formativa, que xa vai pola súa oitava edición, as actividades de temática relacionada coa industria musical son concibidas, ademais de como una toma de contacto co sector, como un medio para el desenvolvemento de competencias xenéricas (creatividade, comunicación, traballo en equipo, etc.) que contribúan ao acceso ao emprego das persoas mozas en calquera sector profesional.
Hoxe iniciáronse as sesións presenciais en Noia (A Coruña) nas que os/as mozas aprenderán a desenvolver a planificación dun festival musical ou visitarán un estudo de gravación profesional. Estas actividades combínase con outras de aproximación ao emprego a través de role-playing de entrevistas, comunicación eficaz, elaboración de video-currículum ou un panel de experiencias con emprendedores. Unha parte crave desta formación inclúe unha estancia práctico formativa en Bilbao, que permitirá coñecer o estudo dun caso de éxito no sector da industria musical, como é o modelo da promotora e axencia musical Last Tour, a través de sesións impartidas por profesionais da entidade e unha visita ao Festival Bilbao BBK Live, festival referente a nivel internacional e que cada ano congrega a máis de 120.000 persoas de máis de 100 nacionalidades.
No outono, tamén os mozos vascos en situación de desemprego terán a oportunidade de participar nun programa de formación sobre industria musical da man de Fundación Paideia, EOI e Last Tour. Os detalles sobre o programa e o procedemento de inscrición para este programa daranse a coñecer proximamente.
Ata o momento, dos 130 mozos participantes nas sete anteriores ediciones, un total de 42 están a traballar, 38 retornarón a itinerarios formativos e o resto atopnase en procura de máis accións formativas ou oportunidades de emprego. Tras a finalización da formación, existe a posibilidade de acceder a unha beca para a realización de prácticas non laborais en empresas do sector.
Todos os participantes son mozos en desemprego, entre 16 e 29 anos, e dáse prioridade a participación de mozos sen formación superior que desexen incorporarse ao mercado laboral, moitos dos cales non contan con coñecementos previos no sector da industria musical.
O programa conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo e do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo. Enmárcase dentro da Iniciativa de Empleo Juvenil.