Sendeiro dende Ponte San Francisco ás Carabeiras (Paralelo Río Lobo)

O proxecto consiste na construción dun sendeiro fluvial a carón do río Lobo, en concreto dende a Ponte de San Francisco (límite do concello de Noia) ao lugar de Carabeiras (parroquia de San Pedro de Tállara). As obras consistirán na: apertura de sobreanchos, no desbroce manual e selectivo, despexe e desbroce, subministro de zahorra artificial,…

Rehabilitación e adaptación de vivenda e construccións anexas como Aloxamento de Turismo Rural, denominado “Luz de Viro”

O proxecto consiste na rehabilitación e posta en valor dunha vivenda tradicional galega, as construcións anexas e a adecuación da parcela, para a creación dun aloxamento turístico no medio rural. O aloxamento, disporá de 4 habitacións de grandes dimensións, que ofertarán 16 prazas en total. Promotor: CARMEN LUCINDA CAAMAÑO CASTRO Investimento: 417.265,67 € Axuda Pública:…

Aula da Natureza e Centro de Interpretación dos Montes de Baroña

O proxecto consiste na adaptación de construcións existentes, propiedade da Comunidade de Montes, para a creación de aulas da natureza e dun centro de interpretación dos montes de Baroña. Os usos previstos que acollerán estes espazos serán de uso público e terán acceso gratuíto. Promotor: C.M.V.M.C. DE BAROÑA Investimento: 155.000,00 € Axuda Pública: 24.791,38 € Consolidación…

Escavación e posta en valor da “Muralla” do recinto superior do Castro da Cidá (Riveira)

Adecuación dunha parte do xacemento arqueolóxico do Castro da Cidá, que se corresponde coa muralla que pecha o recinto mais elevado do castro. O que se trata é de crear un espazo divulgativo que interprete o sitio (posta en valor) permitindo aos cidadáns o desenvolvemento de actividades relacionadas co turismo e ocio cultural. Promotor: Concello…

Pensión da natureza

O proxecto consiste na creación dunha pensión da natureza, que seguirá para a súa construción principios medioambientais e ecolóxicos. Estará integrada por catro aloxamentos, que albergaran dez prazas de aloxamento. Ao mesmo tempo, a Pensión da Natureza, en convenio con empresas de turismo activo da zona, ofrecerá actividades de lecer e de coñecemento, como poden…

Servizo de transporte asistencial

A través deste proxecto vaise adquirir un novo vehículo que permitirá trasladar ás persoas con discapacidade intelectual, autismo e mobilidade reducida de todas as idades, da comarca e sobre todo dos núcleos rurais con máis dificultades de accesibilidade e afastados, teñan un servizo de transporte adaptado en condicións e poidan recibir todos os servizos de…