O antigo complexo de A Chaínza tamén coñecido como “Fábrica de curtidos dos Cadarso”, fundada en 1700, foi unha das principais curtidurias de Galicia ata ben entrado o século XX. A vila de Noia foi unha das vilas máis importantes de Galicia en relación ao gremio da curtidurias, chegando a albergar ata tres fábricas.

Con este novo proxecto pretendese rehabilitar a antiga fábrica de curtiduria para convertela en albergue turístico. Os usuarios do albergue contaran cunha serie de servizos básicos (aloxamento, aseos, duchas, zona de lectura, WIFI, comedor, servizos para a limpeza da roupa  e alimentación), información do Camiño de Santiago de outras rutas de interese.

Os destinatarios do proxecto serán unha variedade de usuarios que poden ir dende peregrinos procedentes do camiño de Santiago. Xa que, Noia é o Portus Apostolli, a ruta de pelegrinaxe marítima dende 1147, do camiño cara a Santiago pola ría de Muros e Noia. Ata outro tipo de usuarios como, por exemplo, son as entidades xuvenís.

Promotor: Concello de Noia

Investimento: 448.275,66 €

Axuda Pública: 153.854,12 €

Consolidación de emprego (UTAS): 0

Creación de emprego (UTAS): 0

Lugar: A Chainza, Parroquia de Santa María do Obre (Concello de Noia)