A Asociación Xuvenil, Cultural, deportiva e de Promoción da Saúde “INTEGRAD@S” adquiriu un novo vehículo que permite trasladar ás persoas con discapacidade intelectual, autismo e mobilidade reducida de todas as idades, da comarca e sobre todo dos núcleos rurais con máis dificultades de accesibilidade e afastados, teñan un servizo de transporte adaptado en condicións e poidan recibir todos os servizos de rehabilitación, formación e integración que ofrece a Asociación xuvenil Integrados.

Promotor: Asociación xuvenil Integrados

Investimento: 42.122,70 €

Axuda Pública: 28.011,60 €

Consolidación de emprego (UTAS): 0

Creación de emprego (UTAS): 0

Lugar: Gándara, parroquia de Oleiros (Concello de Ribeira)