transporte_adaptado_misela
transporte_adaptado_misela

A Asociación “MISELA. Asociación de Persoas con Discapacidade de Noia e Muros”, adquiriu un vehículo para poñer en marcha un novo servizo de transporte adaptado, destinado a achegar ás persoas con diversidade funcional do medio rural os servizos do centro de día e ocupacional MISELA, emprazado na vila urbana de Noia.

Este novo servizo vai dirixido os usuarios dos concellos de Lousame, Outes ou Porto do Son, entre outros, que presentan unha ampla dispersión poboacional e con usuarios situados en aldeas de difícil acceso.

Promotor: MISELA. Asociación de persoas con discapacidade comarca Noia-Muros

Investimento: 33.439,33 €

Axuda Pública: 23.675,05 €

Consolidación de emprego (UTAS): 0

Creación de emprego (UTAS): 0

Lugar: Vila de Noia (Concello de Noia)