Galego

Castellano

Capacitación en coidados para o benestar (Formación gratuita)

Descrición da actividade

A Asociación Deloa organiza unha nova actividade formativa que ten por finalidade contribuír á mellora da capacitación das persoas que desenvolven labores de atención e coidado, reforzando os seus coñecementos, habilidades e competencias para ofrecer unha atención de maior calidade, segura, personalizada e centrada na persoa.
 
Preténdese dar resposta ás necesidades formativas detectadas no territorio do GDR, favorecendo a actualización de coñecementos, o apoio ás persoas coidadoras e a mellora do benestar e da calidade de vida das persoas que necesitan atención e apoios.

A quen vai dirixida

A formación está dirixida principalmente a:

 
  • Profesionais en activo do ámbito social, sociosanitario e asistencial.

  • Persoas traballadoras doutros sectores cuxa actividade estea relacionada coa atención e o coidado de persoas.

  • Persoas coidadoras non profesionais e familiares de persoas en situación de dependencia ou que necesiten atención e apoios para o seu benestar.

  • Persoas interesadas en adquirir ou ampliar coñecementos e competencias no ámbito dos coidados da poboación en xeral.

Programa da formación

Capacitación en coidados para o benestar

Sede da Asociación Deloa

Lugar A Escravitude s/n – Padrón

sábado 26 de novembro

+34 981 817 000

deloa@deloa.es

Lugar: Sede de Agadea – Ribeira
🕓 De 09:00 a 14:00 h. “Formación sobre procesos de mellora da alimentación (texturizados) e adaptación do fogar e benestar emocional na demencia”.
Lugar: Sede de Ambar – Ribeira
🕓 De 09:00 a 14:00 h. “Formación sobre a abordaxe de condutas complexas”.
Lugar: Sede de Misela – Noia
🕓 De 09:00 a 14:00 h. “Formación sobre primeiros auxilios e actuación ante emerxencias”.

Outras formacións que che poden interesar

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento