Galego

Castellano

Innovación social e traballo colaborativo

Descrición da actividade

O plan formativo “Innovación social e traballo colaborativo”, que se desenvolverá ao longo do ano 2025, ten como obxectivo fortalecer as capacidades e coñecementos das persoas con impacto no territorio, impulsando o emprendemento individual e colectivo.

A iniciativa busca dotar á poboación local de ferramentas prácticas para promover accións e proxectos orientados á mellora do territorio, dentro dun paradigma de sustentabilidade, colaboración e intelixencia colectiva.

Para acadar esta finalidade, defínense dous obxectivos específicos:

  • Adquirir competencias e saberes relacionados co traballo colaborativo e a cocreación.

  • Adquirir coñecementos e ferramentas para deseñar plans de emprendemento con impacto.

A quen vai dirixida

A formación está dirixida á poboación activa do territorio de actuación da Asociación Deloa, especialmente a:

  • Persoas, grupos e colectivos (asociacións, comunidades, agrupacións, etc.) interesados na mellora social, cultural e ambiental do territorio.

  • Técnicos/as municipais e consultores/as que traballen no desenvolvemento local.

  • Emprendedores/as con proxectos orientados á sustentabilidade.

  • Autónomos e representantes de negocios que desexen aliñar o seu modelo empresarial cunha visión sostible e colaborativa.

Programa da formación

Innovación social e traballo colaborativo

Sede da Asociación Deloa

Lugar A Escravitude s/n – Padrón

sábado 26 de novembro

+34 981 817 000

deloa@deloa.es

🕓 16:00–20:00 — Traballo en equipo para o emprendemento e a innovación social

🕓 16:00–20:00 — Aprender a facer un plan de emprendemento. Modelo Canvas

🕓 16:00–20:00 — Aprender a facer un plan de emprendemento. Modelo Canvas (continuidade)

🕓 16:00–20:00 — Camiños e ferramentas para o pensamento deliberativo: fortalecer a intelixencia colectiva e a capacidade de reflexionar xuntos

Outras formacións que che poden interesar

Inscripción

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento