Galego

Castellano

INTERRITMOS. Raíces Vivas

Descripción do proxecto

INTERRITMOS. Raíces Vivas é un proxecto de cooperación que nace coa vontade de unir tradición e futuro, ofrecendo ás novas xeracións de artistas da música de raíz galega as ferramentas necesarias para profesionalizar as súas carreiras musicais.

A súa esencia reside na defensa e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial galego, entendido como un piar fundamental da identidade do noso territorio.

O proxecto tamén fomenta unha reflexión intercultural a través do diálogo coa música flamenca, outra tradición de raíz que, dende a súa singularidade, comparte a mesma conexión co territorio e co pobo que a viu nacer. Esta comparativa entre culturas permite enriquecer a mirada sobre o patrimonio galego e promove unha comprensión máis ampla do valor universal da música popular.

En definitiva, INTERRITMOS busca empoderar aos artistas, fortalecer a identidade cultural e promover os territorios rurais galegos, combinando formación, creación colectiva e intercambio artístico nun itinerario innovador que une tradición, modernidade e cooperación entre territorios.

Accións principais

Residencias creativas
Espazos de encontro e traballo colaborativo nos que artistas emerxentes de música de raíz galega e flamenca desenvolverán proxectos musicais, recibirán formación e explorarán novos camiños creativos a través do intercambio de experiencias.
📍 Maio 2025: Casa de Paco de Lucía, Toledo
📍 Outubro 2025: Residencia artística de Ponteareas
📍 Marzo 2026: Espazo Nature, Costa da Morte

Concertos en vivo
Serie de presentacións abertas ao público nas que se dará visibilidade ao traballo dos artistas participantes, poñendo en valor o patrimonio musical galego e achegando a música de raíz a novos públicos e territorios.
📅 19 de setembro de 2025 – Quiroga
📅 27 de setembro de 2025 – San Pedro de Rocas (Esgos)
📅 3 de outubro de 2025 – Manzaneda
📅 8 de outubro de 2025 – A Estrada
🕓 Resto de datas pendentes de confirmar

O proxecto culminará coa produción dunha peza audiovisual curta, que reflexionará sobre as conexións entre a música de raíz galega e o flamenco, destacando similitudes, diferenzas e o papel de ambas como motores de identidade cultural e social.

GDRs participantes e entidades colaboradoras

  • Asociación de Desarrollo Local DELOA-GDR18

  • Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo-GDR04

  • Asociación Miño Ulla-GDR05

  • Asociación de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel-GDR06

  • Asociación de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea-GDR08

  • Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense-GDR11

  • Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta-GDR13

  • ADR Terras de Pontevedra Norte-GDR16

  • GDR Salnés-Ulla-Umia-GDR17

  • Asdecomor-GDR21 (Comarca de Ordes)

  • GDR Costa da Morte-GDR22

Coa colaboración de:

  • Fundación Paideia Galiza

  • Fundación Paco de Lucía

Ligazón de interese

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento