Castellano
A actividade formativa “Mestre/a Besteiro/a” está orientada á recuperación da xestión tradicional das greas de cabalo galego de monte, un coñecemento ancestral en risco de desaparición.
Antigamente, a Serra do Barbanza, xunto cos seus contrafortes no Treito e o val do Sar, e a parte norte da ría de Muros-Noia, foron zonas clave na distribución destas poboacións equinas en liberdade.
O obxectivo principal é contribuír á recuperación demográfica das poboacións de bestas no territorio do GDR, asentando unha base de coñecementos que permita reforzar a súa presenza en distintos núcleos focais, especialmente dentro das comunidades veciñais.
A formación está dirixida principalmente a persoas vencelladas ás comunidades de montes, aínda que tamén está aberta ao público xeral e á poboación activa do ámbito territorial da Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.
Local da CMVMC de Baroña
Lgar. A Igrexa 20 – Baroña, Porto do Son
sábado 26 de novembro
+34 981 817 000
deloa@deloa.es
🕙 10:00–14:00 — Introdución á ecoloxía das bestas e os seus ecosistemas
🕓 16:00–20:00 — 1ª sesión práctica de manexo no monte de Baroña
🕙 10:00–14:00 — O cabalo de Pura Raza Galega: morfoloxía, rexistro e coidados sanitarios
🕓 16:00–20:00 — 2ª sesión práctica de manexo no monte de Baroña
🕙 10:00–14:00 — A interacción lobo-cabalo nas serras atlánticas occidentais
🕓 16:00–20:00 — 3ª sesión práctica de manexo no monte de Baroña
🕗 08:00–14:00 — O ecoturismo por volta dos cabalos salvaxes en Galicia (Finca Moreiras)
🕓 16:00–21:00 — Visita á Serra da Groba con comunidades de montes e besteiros locais
🕙 10:00–14:00 — Experiencias de manexo de cabalos en liberdade en montes veciñais en man común
🕓 16:00–20:00 — 4ª sesión práctica de manexo no monte de Baroña
🕗 08:00–14:00 — Pagos por conservación e outras vías de apoio económico aos sistemas de xestión de cabalos en liberdade
🕓 16:00–21:00 — Visita á Serra do Xistral da man das comunidades de montes e besteiros locais
