Mulleres que contan

Descrición do proxecto

Mulleres que contan é un proxecto de cooperación onde a súa finalidade é fomentar as relacións sociais, a cooperación e o fortalecemento de redes de apoio entre mulleres do medio rural, a través do intercambio de coñecementos, experiencias e a creación de espazos de conversa e reflexión.

A iniciativa busca contribuír á redución das situacións de soidade e ao empoderamento das participantes, creando espazos seguros de encontro, conversa e reflexión nos que compartir coñecementos, experiencias e vivencias cotiás.

Ao longo do proxecto, mulleres de Baroña, Taboada, Triacastela e Manzaneda participaron nun proceso creativo e colectivo arredor dos coidados, explorando diferentes formas de expresarse e de contar as súas propias historias. A través da fotografía, o vídeo, a escritura, a simboloxía e a conversa, as participantes foron construíndo as súas propias narrativas e, ao mesmo tempo, xerando novos vínculos entre elas.

Accións principais

  • Deseño e realización de obradoiros temáticos
  • Creación audiovisual colaborativa
  • Conversas con profesionais convidados
  • Construción de redes de apoio locais e interterritoriais
  • Documentación audiovisual do proceso, coa gravación de entrevistas e diferentes momentos dos obradoiros, que dará lugar a unha peza documental final destinada a visibilizar as voces e experiencias das participantes.

Eventos

Realizáronse eventos de presentación dos vídeos documentais dos obradoiros desenvolvidos; o documental conxunto presentarase o 27 de agosto en Castelo (Culleredo), dentro da programación do Festival Castelo Conta.

GDRs participantes e entidades colaboradoras

Asociación de Desarrollo Local DELOA
Asociación Miño Ulla
Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea
GDR Ribeira Sacra-Courel

Coa colaboración de:

Asociación Cultural Castelo Conta

Ligazón de interese

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento