Galego

Castellano

Mulleres que Contan

Descripción do proxecto

“Mulleres que Contan” é unha iniciativa que busca crear espazos de encontro, conversa e reflexión para mulleres maiores do rural galego, ofrecendo un lugar seguro onde compartir experiencias, sentimentos e coñecementos.

A través de dinámicas participativas, obradoiros, conversas guiadas e encontros temáticos, o proxecto pretende combater o illamento social e emocional, ao tempo que fortalece as redes de apoio mutuo e a autoestima colectiva.

Esta proposta dá continuidade á experiencia iniciada en Castelo no ano 2023 co documental Mulleres de Castelo, impulsado por Xosé A. Touriñán e dirixido por Hadriana Casla. Tras o éxito daquela primeira edición, o proxecto amplíase agora a diferentes localidades de Galicia —Baroña (Porto do Son), Manzaneda, Triacastela e Paradela— co obxectivo de tecer unha rede de mulleres do rural galego, reforzando a súa presenza e protagonismo dentro das súas comunidades.

Accións principais

Xornada de presentación
Celebrarase o 28 de agosto de 2025 no marco do Festival Castelo Conta, coa participación dos GDR implicados, os grupos de mulleres, Xosé A. Touriñán e Antonio Fero. Servirá como punto de partida e visibilización pública do proxecto.

Obradoiros de mulleres
Desenvolveranse en cada un dos territorios participantes, funcionando como espazos de diálogo, encontro e aprendizaxe compartida, fortalecendo os vínculos entre as mulleres e promovendo a reflexión sobre as súas realidades persoais e colectivas.

Estreas locais
En cada un dos catro territorios participantes celebrarase unha presentación pública do proxecto, recoñecendo e visibilizando o traballo das mulleres en cada ámbito.

Estrea final e produción audiovisual
O proxecto culminará cun acto final e unha produción audiovisual creada coas propias participantes, que servirá como testemuño colectivo e símbolo do impacto social e emocional da iniciativa.

GDRs participantes e entidades colaboradoras

  • Asociación de Desarrollo Local DELOA-GDR18

  • Asociación Miño Ulla-GDR05

  • Asociación de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel-GDR06

  • Asociación de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea-GDR08

Coa colaboración de:

  • Castelo Conta

Ligazón de interese

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

RESULTADOS PROVISIONAIS PROBA ESCRITA

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento