Galego

Castellano

Paisaxes Intelixentes

Descripción do proxecto

O proxecto “Paisaxes Intelixentes” ten como finalidade fomentar procesos de planificación participada para desenvolver iniciativas piloto de paisaxes intelixentes nos núcleos rurais dos territorios participantes.

A dixitalización constitúe unha das claves do deseño destas paisaxes multifuncionais, a través da utilización de novas tecnoloxías e da análise de datos para crear espazos máis sostibles, resilientes e innovadores.

Neste contexto, deseñáronse diversas accións orientadas a aumentar a conciencia e o coñecemento sobre o uso dos datos no rural, promover o intercambio entre saberes científicos e tradicionais, e implantar un sistema demostrativo de monitorización intelixente.

A ferramenta final desenvolvida permite avaliar automaticamente o risco de incendio inmediato e o potencial de voracidade dos incendios, en función das condicións do entorno, converténdose nun modelo pioneiro de xestión territorial baseada en datos.

Accións principais

As actividades realizadas pola Asociación de Desarrollo Local Deloa, no seu ámbito territorial, foron as seguintes:

  • Faladoiro: “Extraendo todo o valor dos datos no rural”
    📅 19 de setembro de 2023 – Restaurante O Secadeiro, Outes

  • Xornada: “Aspectos relevantes da dixitalización no ámbito rural: Como aprender sobre a valorización dos datos no sector”
    📅 26 de setembro de 2023 – Mazaricos
    Incluíu unha visita práctica á Granxa Pazos.

GDR coordinador

  • Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel

GDRs participantes

  • Asociación de Desarrollo Local DELOA

  • Asociación Costa da Morte

  • Asociación Terras de Compostela

  • Asdecomor

Investimento

  • 100 % Axuda LEADER

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento