Galego

Castellano

Presentación e fins

¿Quenes somos?

A Asociación de Desarrollo Local foi creada no ano 2001 para a xestión do Programa Operativo de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais, PRODER (2000-2006) e o Programa LEADER no período 2007-2013, que por primeira vez se aplica no territorio, aproveita a existencia da Asociación de Desarrollo Local DELOA para elaborar unha estratexia de desenvolvemento para todo o seu territorio.

 

Para a medida LEADER GALICIA 2023-2027 a Asociación de Desarrollo Local DELOA vai ser o responsable da xestión das axudas Leader no seu territorio. E Actúa como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

 

A Asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto público como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego.

 

DELOA é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo aumentar a eficacia e a eficiencia da estratexia de desenvolvemento territorial, delegando o proceso de toma de decisións e de execución a unha “asociación de axentes públicos, privados e da poboación do seu territorio, en xeral”.

Inscrición

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Inscripción

Esta nova non está dispoñible agora mesmo

DELOA

Este sitio solo utiliza cookies técnicas necesarias para su funcionamiento. No se recogen datos personales sin consentimiento