A xunta directiva do GDR realizará e remitirá a Agader, tendo en conta o procedemento de selección e priorización de proxectos definido na estratexia, unha única proposta de selección de proxectos motivada, con data límite do 30 de xuño de cada ano, para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de marzo de cada ano.

Dita proposta incluirá unha lista dos proxectos que se subvencionarán, ordenados de maior a menor puntuación e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía de proxectos. En caso de empate de puntos, terá prioridade o proxecto con data e número de rexistro de entrada anterior no rexistro do GDR.

Unha vez realizada a proposta de resolución pola xunta directiva do GDR e no caso de existir crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderá realizarse unha segunda proposta de adxudicación de axudas ata o límite máximo do crédito dispoñible, con data límite do 31 de agosto de cada ano, coas solicitudes presentadas ata o 31 de maio de cada ano e que, en todo caso, conten co ICE verificado por parte de AGADER.

As propostas de resolución de concesión da axuda emitidas pola xunta directiva do GDR, nas que se inclúa unha relación de proxectos para os que se propón axuda, incluirán, no caso de que existan, unha lista de agarda (ordenada de maior a menor prioridade) formada por proxectos que conten co ICE verificado por Agader e para os cales non exista crédito dispoñible na anualidade.

Convocatoria 2019-2020

  • Resolución

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2, Apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo, da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Convocatoria 2018-2019

  • Resolución

Resolución do 12 de decembro de 2017 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Convocatoria 2017-2018

  • Resolución

Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.